02/09/2010

O Alcalde de Lugo recibe as xogadoras que participarán no Torneo Internacional...

O torneo de preparación de cara ao Mundial comeza hoxe cos partidos entre as seleccións de...

Ler máis

27/08/2010

Continúa esta fin de semana o programa de Visitas Teatralizadas "Lugo...

Un espectáculo, incluído no programa Lugo10, que combina emoción e historia para amosar...

Ler máis

Por que Lugo10?

muralla de Lugo

O 30 de novembro do 2010 cúmprense 10 anos dun dos fitos que marcaron, sen dúbida, un dos momentos máis importantes da historia moderna de Lugo: a concesión pola UNESCO do título de Patrimonio Mundial á Muralla Romana de Lugo.

Esta distinción marcou un antes e un despois na forma de pensar dos lucenses, na autoestima e o orgullo dunha sociedade que avanzaba cara o século XXI.

Este premio, dalgún xeito contribuiu a que Lugo espertase, a cidade convenceuse de que tiña que ir facéndose un oco no camiño da modernización, respectando con orgullo a súa historia e o seu rico pasado romano.

Para que este cambio tivese lugar foi fundamental o papel que tivo a cidadanía que se implicou ao 100% nese proxecto. Por iso este aniversario ten a trascendencia de ser ademais unha homenaxe a un cambio de mentalidade.

Celebramos os 10 anos dese gran día, e somos conscientes da necesidade de recuperar ese espírito de traballo en equipo, solidario e autoesixente, que naceu na cidade de Lugo aquel 30 de novembro ao comprender que o nome de Lugo soa en todo o mundo con respecto.

muralla de Lugo

O Concello de Lugo quere seguir contribuíndo a convertir a Lugo nesa cidade sobresaínte que todos comezamos a soñar ese día e que se viu enormemente fortalecida cando o mundo enteiro recoñeceu o gran tesouro que é o noso patrimonio.

Sobre esa idea versará todo un programa de actividades e actos que se desenvolverán ao longo do ano, e que estarán dirixidos á cidadanía en xeral.

Todo o que se consegue na cidade de Lugo é grazas ao traballo de moitas persoas que apostan ao grande para que as cousas saian ben. Todas esas persoas son as verdadeiras protagonistas desta conmemoración.

Por iso queremos que a programación que se poña en marcha inclúa numerosas actividades na rúa. Cada acción que se programe debe ter como protagonista á Muralla, o pasado romano da cidade e o Camiño de Santiago que pasa por Lugo e que no ano 2010 ten un gran protagonismo coa celebración do Xacobeo. Neste senso seguimos á espera de que a Xunta decida o grao de compromiso que desexa adquirir con Lugo e con este aniversario.


Liñas Estratéxicas

Pensamos que Lugo ten un potencial extraordinario en materia cultural, artística deportiva, histórica… Trátase dunha cidade bimilenaria que, entre outras cosas, conserva íntegro un monumento defensivo da que foi unha das capitais máis importantes do noroeste peninsular.

Por iso debemos:

muralla de Lugo

1.- Reivindicarnos como herdeiros do rico pasado romano da Península Ibérica, e potenciar a nosa riqueza histórica, que conta con tesouros de tanta importancia como a Muralla Romana ou as pouco coñecidas Termas romanas.

2.- Potenciar a participación cultural da nosa cidadanía e o achegamento e coñecemento do patrimonio arqueolóxico lucense, único en toda España.
Impulsar un maior uso por parte dos lucenses dos servizos culturais públicos existentes.

3.- Situar a Lugo como un destino turístico estratéxico, no que a historia, a cultura, a paisaxe –Reserva da Biosfera- sexan auténticos reclamos para o visitante

4.- Que xogue un papel fundamental a potenciación da imaxe de Lugo dentro e fóra. Todas as actividades do ano 2010 deberán xirar entorno ás extraordinarias riquezas que posúe o municipio, entre elas a gran protagonista: a Muralla, Patrimonio Mundial.

muralla de Lugo

5.- Implicar a todas as institucións e particulares no coidado e na promoción da Muralla Romana, hoxe símbolo da cidad

6.- Propiciar a creación de rutas turísticas con A Coruña e Santiago aproveitando a riqueza do Camiño de Santiago e o noso Patrimonio Mundial.

7.- Converter a Lugo nun referente do pasado romano.

8.- Fomentar entre a cidadanía o respecto pola cidade e os seus tesouros naturais e arqueolóxicos.

9.- Concienciar a todo o mundo sobre o uso e non abuso dos recursos que a cidade pon a disposición dos veciños e veciñas.

10.- Dar a coñecer aos máis novos a riqueza cultural da que proveñen e potenciar o orgullo de difundir por todo o mundo o pasado único que ten a cidade de Lugo.

Síguenos en: